Programación Lírica da Coruña 2023: AIDA
AIDA / G. VERDI
A ópera “Aida” de Giuseppe Verdi é unha das óperas máis famosas e aclamadas da historia da música. Foi estreada en 1871 no Teatro Khedivial do Cairo, Exipto, e desde entón foi representada en teatros de todo o mundo. O libreto foi escrito por Antonio Ghislanzoni e Camille du Locle, baséase no drama homónimo de Auguste Mariette Bey – egiptólogo de reputada fama – e conta a historia de amor entre Aida, unha princesa etíope prisioneira en Exipto, e Radamés, o comandante do exército exipcio.
Elenco: Marigona Qerkezi, Nino Surguladze, Jorge Puerta, Carlos Almaguer, Simón Orfila, Giacomo Prestia, Francisco Pardo, Lucia Iglesias
Director Musical: José M. Pérez Sierra
Orquesta Sinfónica de Galicia
Coro: Gaos
Director de escena: Daniele Episcopo
Deseño escenográfico: Italo Grassi
Vestiario e iluminación: A.C.O.
Produción orixinal de Amigos Canarios da Ópera
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
- Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.
- Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
- Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga.
- Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
- Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.