Loquillo – Transgresiones
Apertura de portas: 20 h.
Loquillo celebra unha nova xira en 2024, “30 años de Transgresiones” e unha antoloxía das mellores cancións do seu repertorio dedicado á poesía contemporánea que saldrá á luz nos primeiros meses de 2024.
Nesta nova xira, Loquillo regresa co seu proxecto de poesía que el mesmo considera transgresor e nihilista. A poesía para o artista barcelonés sempre significou transformación e foi esencial no seu personaxe mais rockero. 30 anos de Transgresións é un show único cargado de cancións de poesía en castelán.
En 1994, Loquillo atreveuse a levar a poesía aos escenarios e convertila en música popular. Dende entón, grabou varios discos basados na poesía contemporánea, e agora recopílase o mellor desta obra en “30 años de Transgresiones, Antología Poética” (doble CD). Un traballo con 30 temas que verá a luz en primaveira, incluindo adaptacións de Bernardo Atxaga, Julio Martínez Mesanza, Mario Benedetti, Jacques Brel, Luis Eduardo Aute, Luis Alberto de Cuenca o Jaime Gil de Biedma, entre outros. Poetas que foron referencia tras a publicación de “La vida por delante”(1994), que foi disco de ouro, “Con elegancia”(1998), “Mujeres en pie de guerra”(2004), “Su nombre era el de las todas las mujeres”(2011) e “Loquillo en Madrid” (2012). Este proxecto lle levará de novo aos teatros acompañado da súa banda habitual para ofrecer a súa faceta poética, pero sen perder a forza e pasión dos seus directos.