Concerto en Familia: A MÁQUINA DO TEMPO
INTÉRPRETES: OS MECÁNICOS / RAMIRO NEIRA, NARRADOR
Willy acaba de recibir un agasallo; un coche vello que pertenceu ao seu avó Xurxo, un excéntrico inventor aventureiro ao que apenas coñeceu e non puido gozar das tradicionais relacións entre avós e netos, xa que nunca estivo na casa e pasou a vida viaxando.
O único recordo que ten del foi un agasallo que recibiu por correo cando Willy cumpriu 18 anos; un libro titulado “A máquina do tempo” dentro do libro que o seu avó escribira a man: “A MELLOR FORMA DE VIAXAR É A TRAVÉS DA MÚSICA”. O máis curioso é que o enderezo de retorno dicía: “Palacio de la Ópera da Coruña ano 2024”.
Agora Willy ten 45 anos, e ten que levar o coche vello do seu avó ao taller para que uns mecánicos, case tan excéntricos coma o seu avó, o arranxen… O máis curioso é que os tres mecánicos, en vez de ter chaves ou desaparafusadores, teñen guitarras e baixos, e as baterías son instrumentos de percusión e non os que alimentan vehículos…
Cando os catro protagonistas arranxen o vehículo, daranse conta de que o avó de Willy non lle regalou un simple coche, senón unha Máquina do Tempo!!!!!!… E comezarán unha viaxe por diferentes épocas a través de cancións de Televisión Infantil.