Concerto 45 Aniversario do Milladoiro
Milladoiro celebra o 19 de maio na Coruña os seus 45 anos de historia.
O 15 de maio de 1979 Milladoiro subía por primeira vez ao escenario. O seu debut foi na cidade da Coruña, no Auditorio dos Salesianos, nun concerto organizado polo Ateneo. 45 anos despois regresan á cidade onde naceron profesionalmente para ofrecer un recital especial.
Este concerto celebra os 45 anos de Milladoiro, un grupo que percorreu escenarios por todo o mundo e recibiu recoñecementos únicos como a Medalla de Ouro de Galicia (2012), Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004); o premio Goya á mellor banda sonora orixinal, por “La Mitad del Cielo” en 1986; o Premio de Música outorgado pola SGAE e AIE ou o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado Rosalía de Castro en 1985.
En palabras de Milladoiro: “subir ao escenario é un acto que aposta pola longa vida dun tipo de música e, se cadra, tamén dun tipo de vida; é a reafirmación e o recoñecemento dun patrimonio que se mantivo fértil grazas a mans sen nome”.
Compra entradas para o Concerto 45 Aniversario Milladoiro na Coruña