AL BANO tour “È LA MIA VITA”
A CORUÑA SÚMASE Á XIRA AL BANO “È LA MIA VITA” POR ESPAÑA
O artista repasa os maiores éxitos da súa carreira
O Palacio da Ópera da Coruña acollerá o 24 de marzo o concerto de Al Bano no marco da súa xira “È la mia vita” por España. A primeira data de “È la mia vita” , producido por Blanco y Negro Music será en Sevilla no Teatro de la Maestranza o 18 de marzo de 2024 , o 19 de marzo presentarase en Barcelona , no Teatro Coliseum , o O 22 de marzo será a quenda de Madrid no Teatro Real , continuará Valencia o 23 de marzo no Palacio de Congresos e rematará en A Coruña no Palacio da Ópera o 24 de marzo de 2024.
O espectáculo abrangue a longa carreira do artista a través dos seus grandes éxitos, desde Nel Sole -con 1.300.000 exemplares vendidos- ata Sharazan , Felicità, Nostalgia canaglia , È la mia vita e as súas últimas cancións máis recentes e estará acompañado no escenario por Alterisio Paoletti ao piano e teclados Adriano Pratesi á guitarra, Giulio Boniello ao baixo, Maurizio Dei Lazaretti á batería, Tiziana Gianelli ao violín e as coristas Alessandra Puglisi e Luana Heredia .
Al Bano, sempre moi ligado ao noso país, participa este ano no CD La Marató de TV3 interpretando o seu gran éxito “Felicità” en catalán.
Unha oportunidade única para gozar do gran Signore da música italiana.
Máis información en BLANCOYNEGRO.COM