- Sés, Ara Malikian, Sergio Dalma, José Luis Perales e a Orquestra Sinfónica de Galicia, entre outros, forman parte do cartel do Palacio da Ópera dos próximos meses.
- O lanzamento da nova imaxe coincide co inicio da tempada na que a seguridade e o compromiso coa cultura serán os obxectivos principais do Palacio
- El Palacio de la Ópera conta cun plan de continxencias moi esixente que cobre todos os aspectos referidos nas normativas hixiénico-sanitarias para a prevención da COVID-19.
El Palacio de la Ópera inicia a súa tempada co lanzamento dunha renovada imaxe e da campaña, “Novas metas, mesma esencia” na que a seguridade e o compromiso coa cultura centrarán toda a súa actividade. Nos próximos meses, e a falta de varias confirmacións, o edificio postmodernista acollerá numerosos espectáculos de promotores locais e nacionais adaptándose ás novas normativas de aforo e seguridade. De feito, desde o inicio da pandemia o Palacio da Ópera conta cun plan de continxencias moi esixente que cobre todos os aspectos referidos nas normativas hixiénico-sanitarias para a prevención da COVID-19.
A nova campaña de El Palacio de la Ópera pretende ofrecer unha imaxe moderna e resiliente, adaptada aos novos tempos, pero mantendo o mesmo espírito que avivou a súa construción en 1989, como sede da cultura da Coruña. No marco da campaña “Novas metas, mesma esencia” deseñouse unha programación variada para satisfacer a todo tipo de público. A falta do peche da programación íntegra xa hai algunhas confirmacións.
Próximos espectáculos
Sés, Ara Malikian, José Luis Perales, Brothers in Band e Sergio Dalma xa confirmaron a súa presenza no Palacio da Ópera. A Orquestra Sinfónica de Galicia xa ten data para, polo menos, catro concertos nos próximos meses, do mesmo xeito que a Banda Municipal de Música da Coruña. O Ballet Nacional Ruso volverá á cidade en datas diferentes con dúas das súas mellores producións, “O crebanoces” e o “Lago dos Cisnes”. Ademais, os máis pequenos poderán gozar do último espectáculo de Pica Pica, “Festa Party”. A adquisición de entradas xa está dispoñible nas plataformas de venda habituais.
A continuación, detallamos con datas as próximas convocatorias:
Domingo 28 de febreiro | Banda Municipal de Música da Coruña |
Xoves 11 de marzo | Banda Municipal de Música da Coruña |
Venres 19 de marzo | Orquesta Sinfónica de Galicia |
Domingo 28 de marzo | Banda Municipal de Música da Coruña |
Sábado 3 de abril | Orquesta Sinfónica de Galicia |
Sábado 10 de abril | Sés “Xira liberar as arterias” |
Domingo 11 de abril | Banda Municipal de Música da Coruña |
Domingo 18 de abril | Pipa Pica “Fiesta Party” |
Domingo 25 abril | Banda Municipal de Música da Coruña |
Domingo 9 de maio | Banda Municipal de Música da Coruña |
Xoves 20 de maio | Orquesta Sinfónica de Galicia |
Domingo 27 de maio | Orquesta Sinfónica de Galicia |
Sábado 5 de xuño | Sergio Dalma “Gira 30… y tanto” |
Venres 11 de xuño | Concerto Ara Malikian |
Sábado 11 de xuño | Concerto Ara Malikian |
Venres 8 de outubro | José Luis Perales “Baladas para una despedida” |
Sábado 23 de outubro | Ballet Nacional Ruso “El lago de los cisnes” |
Sábado 13 de novembro | Brothers in Band “Alchemy Dire Straits re-live“ |
Venres 17 de decembro | Ballet Nacional Ruso “El cascanueces” |