CAMELA
2024 non puido comezar mellor para Camela. O dúo madrileño arranca outro ano de éxito masivo e sen precedentes na historia máis recente da música española.
Aínda resonan os ecos do espectacular programa especial “Camela, 30 años” que protagonizaron a pasada Noiteboa en La 1 de Televisión Española e que foi seguido por máis dun millón e medio de espectadores, todo un hito para un grupo español que está vivindo o mellor momento da súa traxectoria.
Camela cerraron 2023 cun total de 96 concertos realizados por toda a xeografía nacional e a axenda de contratación para esta tempada comeza a encherse con novas datas. Todo o mundo quere a Camela nas súas cidades e é que Ángeles e Dioni, Dioni e Ángeles, son sinónimo de éxito absolutamente garantizado. A súa presenza converteuse en inevitable nos grandes acontecementos musicais do país, por eso foron elexidos para participar na final do Benidorm Fest 2024 que se celebrou opasado 3 de Febreiro.
Moi poucos grupos teñen unha colección de éxitos con tanta repercusión, poderíamos contalos cos dedos dunha man. “Lágrimas de amor”, “Sueños inalcanzables”, “Olé”, “Cuando zarpa el amor”, “Háblale de mi”, “La estación del querer”, “Palabras de papel” … deizaron de ser títulos de temas de Camela para convertirse en verdadeiros himnos que trascenden calquer barreira xeneracional. Se o cariño da xente se puidera cuantificar, os números que manexarían Camela serian de absoluto record.
Camela son os creadores dun sonido propio, dunha forma de facer maxia cas cancións que lles consagraron como un valor seguro. Aquel grupo que nacía en 1994 é un indiscutible referente na industria da música deste país, pero qué tendrá Camela para que 30 anos despois da súa fundación sexa o grupo do que todo o mundo fala? A chave está en entregar en corpo e alma o que o público espera deles. Eso mesmo levan facendo durante tres décadas ininterrumpidas, e a historia continua.