Sara Baras “Vuela” a Paco de Lucía
Para celebrar o 25 aniversario da súa propia compañía, Sara Baras presenta ‘Vuela’, un espectáculo de homenaxe ao mestre da guitarra por excelencia: Paco de Lucía.
O vindeiro 23 de novembro presentará no Palacio da Ópera da Coruña, un espectáculo organizado por Cávea Producciones co patrocinio da Xunta de Galicia.
Ideado dende o respecto, o cariño e o amor que ambos compartían, este espectáculo foi creado para ser inesquecible, para transportarnos unha vez máis a ese mundo máxico que só Sara Baras é capaz de crear.
Ante a responsabilidade de render homenaxe ao xenio de Alxeciras, esta viaxe coreográfica está composta por 15 pezas únicas que xiran arredor dunha palabra, creando así, coa nosa linguaxe flamenca, palabras en movemento.
Unha fascinante viaxe dividida en catro actos, cada un deles tece unha poderosa narración: “A madeira”, que nos lembra a forza das raíces e a calidez do ser; “Mar”, que nos invita a navegar con paixón e ser coma a auga; “Morte”, unha forma de explorar as emocións humanas dende as profundidades e “Voar”, a única forma de escapar sen correr, simplemente deixándonos levar pola celebración e a alegría: unha oportunidade que só a música, o baile e os sentimentos poden brindarnos. .
Compra entradas para Sara Baras “Vuela” A Paco de Lucía na Coruña