Xira ROZALÉN 2024
Rozalén, unha das voces máis destacadas do pop e das cancións de autor en castelán, volve aos escenarios do noso país. Nesta ocasión, para presentar o seu flamante disco —que sairá en 2024— e do que xa coñecemos ‘Lo tengo claro”‘, o seu brillante primeiro single.
Nesta xira, a artista presentará as novas cancións deste proxecto, gravado ao longo de dous anos entre Madrid e Miami, e producido por Ismael Guijarro. Nel, a autora de himnos atemporais como ‘La Puerta Violeta’ ou ‘Vivir’, mergúllase en melodías pop e roots que beben de referencias nacionais, pero tamén latinoamericanas; cun resultado tan fascinante, contemporáneo como auténtico. “Este disco está cheo de apertas e duelos; froito duns anos nos que tiven que aferrarme ao sinxelo e vital”, explica a artista.
Como é habitual, todos os concertos desta xira serán traducidos en directo á lingua de signos por Beatriz Romero, intérprete de Rozalén. Deste xeito, a artista mantén un discurso firme en defensa dun espectáculo inclusivo dirixido a todos.