- A nova plataforma de contidos culturais é un dos piares da campaña “Novas metas, mesma esencia” que el Palacio de la Ópera puxo en marcha para esta tempada.
- Trátase dunha plataforma de contidos a través da que os coruñeses poderán acceder a toda a información cultural e xestionar a través da axenda entradas e outra información de interese.
- El Palacio de la Ópera continúa apoiando a artistas e promotores para poder reactivar a programación con formatos máis pequenos, con promocións e descontos especiais no alugueiro de espazos importantes e con todas as garantías de seguridade.
El Palacio de la Ópera afianza o seu compromiso coa actividade cultural da Coruña co lanzamento dunha nova web máis accesible para a cidadanía. O novo portal enmárcase dentro da campaña, “Novas metas, mesma esencia”, na que a seguridade e o compromiso coa cultura centrarán toda a súa actividade. Trátase dunha plataforma de contidos a través da que os coruñeses poderán acceder a toda a información cultural, xestionar a través da axenda as súas entradas e interactuar coa programación cultural e social de el Palacio de la Ópera.
O portal aglutinará todas as convocatorias que acolla o Palacio, tanto para a consulta de todo o relacionado coa programación como para a adquisición de localidades, con conexión directa ás principais plataformas de venda de entradas. “A nova web está pensada para enriquecer a experiencia do usuario e que a navegación sexa o máis intuitiva e cómoda posible”, comentan desde o Palacio. Por exemplo, desde a páxina dun evento e cun só “click” o usuario poderá agregar o evento ao seu calendario, compartilo en redes sociais, acceder de forma directa á ligazón de compra de entradas ou ver eventos relacionados. El Palacio de la Ópera continúa apoiando a artistas e promotores para poder reactivar a programación con formatos máis pequenos, con promocións e descontos especiais no alugueiro de espazos importantes e con todas as garantías de seguridade.
APOIO Á CULTURA SEGURA
No marco da nova campaña e como parte do seu firme compromiso coa cultura segura, El Palacio de la Ópera lanzou unha campaña a través da que ofrece descontos de ata un 50% para o alugueiro de determinados espazos durante o tempo que duren as restricións de aforo. Estas axudas, que se estudarán en cada caso, están creadas para incentivar os sectores turísticos, cultural, musical e, en definitiva, para impulsa a actividade na medida que as restricións o vaian permitindo.
Desde o inicio da pandemia a xestora do Palacio da Ópera puxo en marcha medidas de axuda e apoio á cultura segura e responsable para que os eventos poidan celebrarse nas instalacións con todas as garantías de seguridade. De feito, El Palacio de la Ópera conta cun plan de continxencias moi esixente que cobre todos os aspectos referidos nas normativas hixiénico-sanitarias para a prevención do COVID-19.